App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro acolle ata o 15 de outubro a mostra Arte para espantar

Silleda, 11 de setembro de 2013. A sala de exposicións do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro acolle dende hoxe a mostra Arte para espantar, con espantallos artísticos, bustos e fotografías, entre outros.    Esta exposición forma parte dun proxecto denominado O retorno dos coidadores das horas,  alusivo ao papel que ao longo de toda a xeografía galega,  representaron os espantallos  como expresión xenuína da cultura rural. 

Está  coordinada  pola Concellería de Cultura e Turismo,que dirixe Margarita Campos, coa colaboración do comisario do proxecto Manuel Estévez, un equipo de colaboradores artistas, afincados en distintos puntos da Ruta de Inverno, e o apoio da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno así como polos Concellos por onde pasa, entre eles Silleda.

Entre o material exposto ao público nas dependencias monacais figuran e  7 espantallos artísticos e  10 bustos esculturais,  feitos no ano 2002 por Xesús Chao, o zoqueiro de San Vicente de Mondoñedo,  (cedidos polo Museo Comarcal da Fonsagrada), e unha exposición de 30 fotografías en tamaño 50x70 cm ,cedida polo artista lugués Hixinio Flores, autor dunha mostra insólita  na que se recollen os espantallos que se extenden polo Camiño de Inverno nas terras de Lugo.

Estas instantáneas do artista lugués Hixinio Flores  consiste foron tomadas dende o ano 1994 ao longo de toda a xeografía lucense. Con elas o autor pretende reflectir “ o inxenio do pobo rural” e engade que detrás dalgún destes monecos, “ hai instalacións de arte contemporánea”.

Como ten dito o Director do Museo do Pobo Galego onde  xa estivo exposta, esta mostra é, por un lado a testemuña dun estilo de vida que desaparece, e por outro constitúe un exercicio de adestramento da mirada  que se move no ámbito da expresión non verbal.

 

 

 

Publicado: 12/09/2013