App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O Concello propón aos establecementos do sector a confección de menús de Entroido

A Concellería de Cultura e Turismo de Silleda, que dirixe Margarita Campos, vén de convidar aos establecementos hostaleiros do municipio a participar nunha iniciativa promocional, que ten como protagonista á gastronomía tradicional do entroido. Dende o departamento xa se están a enviar, vía correo electrónico, misivas con esta proposta, para que os restaurantes, taperías, establecementos de turismo rural e outros do sector turístico se sumen a esta iniciativa promocional, organizada polo Concello de Silleda e que forma parte doutra máis ampla en colaboración cos municipios que comparten a tradición dos Xenerais da Ulla.

Así, xunto cunha carta explicativa remítense formularios a través dos que os establecementos poden formular a súa propia oferta, con tapas, un menú (a base de 1, 2 platos e postre etc.) ou, no caso do aloxamentos que conten tamén con restaurantes, paquetes promocionais.

Os establecementos que se sumen á proposta comprométense a manter estas ofertas durante as celebracións do entroido, que no municipio de Silleda arrancarán o vindeiro día 22, na parroquia de Lamela.

Do mesmo xeito, dende o Concello publicitaranse as distintas propostas dos establecementos a través de distintas canles (na web municipal, a web de turismo, redes sociais…)

Así mesmo, todos aqueles establecementos que queiran sumarse poden recoller os formularios nas dependencias municipais, ou ben remitir un correo electrónico a info@silleda.es dende onde se lles facilitará esta ficha para realizar a súa proposta.

“Cremos que se trata dunha iniciativa interesante para dinamizar o sector que contará, aproveitando as vindeiras datas de celebración do entroido cun aliciente para atraer a clientes e visitantes”, engade a concelleira de Turismo, Margarita Campos.

 

 

 

 

 

Publicado: 06/02/2014