App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O Concello prorroga por seis meses máis o convenio coa Feuga para seguir contando co servizo de guía no mosteiro de Carboeiro

Silleda, 25 de outubro de 2014. A Xunta de Goberno Local vén de acordar a prórroga da bolsa a través do convenio de colaboración coa Fundación Empresa Universidade Galega, FEUGA, para desenvolver Programas de Formación Prácticas mediante a creación de Bolsas  como instrumentos para favorecer a incorporación dos recén titulados ao mercado laboral.

 

En virtude deste acordo, unha bolseira da entidade, Isabel Sobrado, vén realizando labores de guía no mosteiro de Carboeiro dende o pasado mes de maio. En principio a beca remataba o vindeiro día 13 de novembro, “pero dada a necesidade que temos de manter o servizo de guía e vista a gran aceptación e capacidade de traballo da actual guía, Isabel Sobrado, decidimos solicitar esta ampliación polo tempo máximo que establecen as bases do convenio”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, na súa proposta.

Así, Isabel Sobrado continuará realizando as tarefas no punto de información turística ata mediados de maio de 2015, con unha beca de 12 meses de duración, o máximo que permiten as bases.

 

Agora a decisión da Xunta de Goberno Local será trasladada á Fundación Empresa Universidade Galega, FEUGA,  para que a guía continúe realizando as prácticas formativas no municipo de Silleda.

O acordo tamén implica a asignación de unha partida económica de 3.631,32 euros para cubrir os custes da beca na súa integridade (seguro, cuotas Seguridade Social ) a razón de 605,22 euros ao mes durante os próximos seis meses.

“O mosteiro de Carboeiro é un dos enclaves máis visitados da comarca do Deza, con milleiros de visitantes que se achegan cada ano a coñecer este histórico monumento e o seu entorno. Por iso é moi necesario, e así o demandan os visitantes, manter este servizo, no que tamén se informa doutros recursos turísticos da zona”, engade o alcalde.

 

 

 

 

 

Publicado: 27/10/2014