App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 30/04/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 10
Máxima: 15
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

Os Concellos nos que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla ultiman os detalles desta Festa de Interese Turístico

Á xuntanza asistiron os Alcaldes de Boqueixón, Silleda, Touro e Vila de Cruces, a Concelleira de Medio Rural de A Estrada, o Concelleiro de Medio Rural de Santiago, as Concelleiras de Cultura e de Turismo de Teo, o Concelleiro de Turismo de Vedra e a Concelleira de Presidencia de Vila de Cruces, ademais do equipo técnico destes 8 Concellos, que conforman o Grupo de Traballo para a promoción conxunta do “Entroido Rural Tradicional da Ulla – Xenerais da Ulla”.

 

O Plan de Promoción Conxunta do Entroido dos Xenerais da Ulla márcase cinco obxectivos complementarios: Consolidar a recuperación de Entroido da Ulla como elemento singular do noso patrimonio cultural; Dinamizar o turismo do territorio coa posta en valor do Entroido como eixe vertebrador do mesmo, explotando a súa capacidade de atracción e converténdoo nun atractivo turístico de primeira orde nas data do Entroido galego; Desenvolver unha campaña de promoción conxunta; Facilitar un espazo de mostra, encontro e reflexión entorno ao Entroido da Ulla; Favorecer as situacións e actividades interxeracionais, culturais e etnográficas da zona, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes.

 

Así, na reunión ultimáronse as principais accións a levar en 2017, que ademais de dar continuidade e reforzar ás dos anos anteriores, fíxanse como prioridades para o exercicio actual a consolidación dun orzamento estable que garanta as accións de dinamización e promoción deste Entroido ao longo de todo o ano. Para elo, ademais do compromiso de cada Concello, o Grupo conta anualmente co respaldo tanto da Xunta de Galicia como das Deputacións da Coruña e de Pontevedra.

 

Este Grupo de Traballo intermunicipal ten o seu marco Protocolo de Colaboración asinado polos Alcaldes dos 8 Concellos en xaneiro do ano pasado, convenio que actualizaba e reforzaba ao anterior de 2012 e que ten por obxectivo afondar na colaboración para a recuperación total desta festa tradicional e a súa consolidación como un atractivo turístico que poda aumentar a demanda en temporada baixa.

 

O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. As personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón.

 

 

+ información: www.xeneraisdaulla.com

Publicado: 19/01/2017