App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

XIX Festival de Bandas

 

Cocentaina, Alacante. Será no Auditorio da Semana Verde, a partir das 21.00 horas. 

Segundo explicaron hoxe na presentación do evento, á que asistiron o director da Banda de Silleda, Rafa Agulló, o encargado da escola de música, e o Concelleiro de Cultura, cada unha das agrupación interpretará un programa de aproximadamente 45 minutos. A Alacantina, dirixida por Mario Roig Vila, interpretará catro pezas: Guitarra Española, de Enrique Igual Blasco; Diagram, de André Waigneim; Homenaxe a Khachaturian, de José Pérez Vilaplana e “Ja Vore” de Francisco Valor Llorens. 

Pola súa banda, a formación trasdezá interpretará Pórtico, de Antón Alcalde Rodríguez; Estrasantico de Simón Couceiro Rivera e Iter Per Gallaecia de Juan Lois Diéguez, compositor integranteda propia banda que a interpretará. Cabe destacar que esta peza só foi tocada unha vez.

A Banda de Música Municipal de Silleda ofreceu un concerto, hai xa catro anos, na localidadealacantina e Cocentaina, a onde pertence a Banda, xa que esta é a localidade natal do actual directorda devandita formación, Rafa Agulló. 

Este ano, serán a Unión Musical Contestana a que visitará este concello. Os membrosdesta banda chegarán o venres 6 de abril a Silleda, e serán recibidos pola Alcaldesa, PaulaFernández Pena, na Casa da Cultura ese mesmo día, ás 21.30 horas. A continuación, gozarándunha cea de confraternidade ás 22.30 horas no comedor do Colexio Público, e unha vezrematada, arredor das 00.30 horas gozarán da marcha silledense. 

O sábado, a partir das 11.00 horas, terá unha visita guiada pola Fervenza do Toxa e poloMosteiro de Carboeiro. Ás 17.00 horas, a banda de Silleda ensaiará no auditorio da Semana verde,e a partir das 19.00 horas ensaiará o grupo visitante ata a hora do festival. Unha vez finalizado, osanfitrións prepararanlle unha gran churrascada aos alacantinos, e unha tradicional queimada. 

O domingo día 8, pasarán a xornada completa en Santiago de Compostela, e ás 21.00 noColexio Público terán unha cea de despedida, xa que marchan o luns pola mañá. 

O Concello de Silleda colabora neste acto, aportando apoio loxístico e económico, comopor exemplo axudando no aloxamento dos visitantes, na comida ou no aluguer do Auditorio daSemana Verde. 

Cabe dicir que os anos anteriores era tres as bandas que participarán no festival, maiseste ano, debido ás dificultades económicas actuais, optouse por convidar a unha nada máis.

 

Publicado: 04/02/0005