App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 13/12/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 10
Máxima: 15
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Historia
""
 
Inicio -> Historia -> Silleda Capital Trazdeza

Silleda Capital Trasdeza

A Vila de Silleda é desde 1.853, a capital da Terra de Trasdeza. Anos antes, dende 1836, a capital do concello estivo en Chapa, ou de maneira temporal en O Foxo de Deza, lugares de moita importancia ata principios do século XIX.

É importante destacar como nesta etapa, cando Trasdeza pertencía á provincia de Santiago, no Foxo de Deza existía Administrador Real, Xuíz, Botica, Estanco e Estafeta de Correos con cobros de Portádego para o arcebispo de Santiago e o Sr. Sarmient, propietario da poderosa Casa de Costela. Tamén tivo o Cuartel da Garda Civil.

Formada a principios do S. XIX, a primeira mención de Silleda aparece no S.XVII como denominación dunha das fregresías da xurisdición de Trasdeza e xa no S.XVIII celebraba concorridas feiras o 18 de cada mes, pasando posteriormente a facelo os días 6 e 23, para acabar organizándoas os martes de cada semana no recinto da Feira Internacional de Galicia, a través da poxa de animais máis avanzada do Estado.

A súa igrexa, dedicada a Sta. Baia existía antes do ano mil e xa co nome de Exilieta, figura nunha doazón feita ao bispo Don Pelaio de Lugo no 998. Así mesmo, aparece con ese nome entre as favorecidas no testamento de Teresa Sánchez de Gres, no ano 1.395.