Trátase dunha árbore perennifolia cunha idade estimada de 500 anos, de grandes dimensións que, previo expediente elaborado polo Concello, por resolución de 1 de xuño de 2009 da Dirección Xeral da Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, pasou a formar parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Constitúe o primeiro exemplar que consegue este recoñecemento en Silleda, atendendo segundo o Comité da Avaliación ás súas características excepcionais de gran porte, idade, innegable valor estético e a súa significación histórica e cultural.
E moi destacable a presenza deste exemplar único, nun lugar que está no límite do que sería o seu hábitat natural e cunha idade considerable, tendo en conta a contorna humanizada na que “sobrevive”.
Outros Lugares Próximos Interesantes
O Santuario da Virxe da Saleta.As Carballeiras Centenarias do Santuario da Saleta (con barbacoas e mesas).
O Pazo de Sestelo.
Os Cruceiros da Saleta e do lugar de Siador.
O Sendeiro da Saleta.
O Monumento á Virxe da Saleta, obra en bronce do escultor Fernando Rodríguez.