App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 17/11/2018

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 10
Máxima: 20
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Graba
 
Graba

Graba

Lugares: Arcos, Barreiro, Eirexe, Ervixe, O Fontao, O Outeiro, Pedrouzo, Penalta, Santa Mariña, O Souto, Vilar. 
Información turistica:

Nesta parroquia con economía fundamentalmente baseada na gandaría pódese visitar, polo seu interese, a Capela de Sta. Mariña, mártir galega do S. II, lugar con romaría tradicional e onde foi atopada unha ara na honra dos Lares Viales, protectores dos camiños, hoxe no Museo de Pontevedra; o conxunto megalítico do Monte Penido e o conxunto formado pola igrexa parroquial, centro social, e praza con cruceiro moi interesante. En Vilar, outra capela esta dedicada a San Sebastián, da testemuña da vocación relixiosa da zona. Tamén mencionar o Coto do Castelo, da idade media, situado no lugar do Souto, preto dun xacemento coñecido como Mina dos Mouros con restos dunha explotación mineira.

As festas son o 18 de xullo na honra de Santa Mariña e o 15 e 16 de Agosto na honra da Santa María e o San Roque.

Desta parroquia era nativo Xosé Dionisio Valladares (1787-1864),  gobernador de Ourense que xogou un papel decisivo na loita contra os franceses. Foi pai do ilustre escritor Marcial Valladares Núñez.

A Gastronomía ten o seu espazo no Restaurante "A Devesa".

 
Festividades:

Patrona: Santa María. 15 e 16 de Agosto.

Santa Mariña. 18 do mes de Santiago.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer