Parroquia moi pequena pero das máis nomeadas no Concello e Comarca. En Ansemil atópase a igrexa monacal prerrománica que pertenceu ao mosteiro de San Pedro de Ansemil, que xa existía no ano1087 e que foi declarado monumento histórico artístico. Forma parte da Ruta do Románico.
Capela de Sta. Ana. Adosada a ela érguese moi fermosa unha capela do século XIV, que garda un sepulcro dos Deza, o cabaleiro Diego Gómez de Deza, coa data gravada de 1341, e escudo dos Deza cunha imaxe en pedra da Virxe do Leite, rosetón tórico, canzorros, capiteis románicos e interesantes portadas, así como ventanais góticos escasos na zona. |