App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/10/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 14
Máxima: 20
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Oleiros
 
Oleiros

Oleiros

Lugares: Laxe, Marza, Oleiros, Pazos, Pena do Camiño, Vilanova, O Carballo, Fornería, A Malata. 
Información turistica:

Debe o seu nome á antiga industria do barro, que deixou varias mostras cerámicas nos xacementos castrexos de Castro Montaz e Castro das Orelas, dende os que se pode divisar uns impresionantes paisaxes. Mencionar tamén o gravado rupestre coñecido como xacemento de Chao de Petos.

A igrexa local conserva sobre a súa entrada un curioso tímpano románico, semellante ao da igrexa de Taboada (Ruta do Románico), que amosa a loita de Sansón e o león. Ao seu carón, no adro, atópase un interesante sepulcro medieval. Na arquitectura civil destaca o pazo da Marza ou Casa do Fidalgo.

Aquí naceu o catedrático de Ciencias Francisco Javier Sánchez Cervela, pai do ilustre polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón, director dos Museos de Pontevedra e do Prado.

A gastronomía da zona pódese probar e disfrutar na parrillada "O Carballo" mentras se hospeda na casa de turismo rural situada no lugar de Pazos, Casa da Viña.

 
Festividades:

Patrón: San Miguel. 29 de Setembro.

Celebra a Festividade de S. Clodio  30 de Setembro.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer