App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Pazos
 
Pazos

Pazos

Lugares: Pazos, Quintás. 
Información turistica:

Nomear Pazos é falar dun lugar de ensoño, dos máis visitados e fotografados do Concello de Sillleda. Nesta parroquia o pequeno río Toxa foi capaz de dar nome propio á Fervenza máis alta de Galicia, cunha caída libre de cincuenta metros. Admirala dende os miradoiros ou dende o mesmo pé, na fraga que alí se forma, é unha experiencia que ninguén debe deixar pasar.

Dende este punto comeza a Senda do Deza, homologada pola Federación Galega de Montañismo, que une nun trazado de dificultade media os puntos máis emblemáticos do Concello, a Fervenza e o Mosteiro de Carboeiro, pasando pola Praia Fluvial da Carixa, en Vila de Cruces.

 
Festividades:

Patrón: San Martiño. 11 de Novembro. O domingo máis próximo.

Santo Antonio.13 de Xuño ou fin de semana máis próxima.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer