App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Ponte
 
Ponte

Ponte

Lugares: Aldea de Abaixo, Carderrei, Meixomence, Rosende, Sino, Trasfontao, O Espiño, Trasdosisto. 
Información turistica:

Debe o seu nome a unha antiga ponte sobre o río Deza que comunicaba o concello coas terras do Corpiño, en Lalín.

A historia recoñécelle sona por un machado de bronce, da idade de bronce, que se atopa exposto no Museo de Pontevedra.

Aínda pendentes de preparar para ofrecer ao público, atópanse os muíños situados no curso do río da Gouxa, á altura de Rosende, que cos máis de cinco saltos, deberán figurar entre os espazos naturais e etnográficos a protexer.

Na actualidade esta parroquia coas súas grandes extensións de prados ben emprazados nunha zona llana, goza dunhas inmellorables condicións para a construción de vivendas unifamiliares. Esta característica engadida á proximidade de Silleda co Recinto da Feira Internacional da Semana Verde e a peaxe da autoestrada a Santiago e Ourense avalan esta predición.

 
Festividades:

Patrón: San Miguel,  29 ou último domingo de Setembro.

Celebra o S. Verísimo, o 25 de Setembro.

Vixe dos Remedios. 2º domingo de Setembro.

Virxe do Carme. 30 de Setembro.

 

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer