App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Breixa
 
Breixa

Breixa

Lugares: Breixa, Breixiña, O Castro de Breixa, Outeiro, A Pena 
Información turistica:

 Da época castrexa destacan o Castro das Penas e os gravados rupestres de Primadorno, declarado Ben de Interese Cultural (10.03.1975).

No interior da igrexa parroquial, extraordinaria ábsida e dos mellores capiteis románicos de Galicia, coas súas figuras de importante relevancia na mitoloxía e escasas: sereas, arpías e centauros (Forma parte da Ruta do Románico).

Na súa contorna tamén hai que mencionar a Casa de Fares do S. XVI, vencellada aos Negreiros e Portela, con portalón brasonado de tipoloxía italiana e peza singular da armería do Deza e capela exenta. Merece a pena destacar tamén a impoñente sobreira.

De Breixa era nativo e está enterrado o fillo ilustre de Sillleda e coengo de Lugo D. Antonio García Conde, investigador e mestre de case tódolos curas do Concello. 

 
Festividades:

Santiago Apóstolo. 25 e 26 de Santiago (Xullo).

Festa da Castaña. Outubro

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer