App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 27/05/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 13
Máxima: 26
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Cira
 
Cira

Cira

Lugares: Altamira, A Braña, A Cruz, Os Currás, O Curro, Fucarelos, Rendo, Santa Baia, Sobrado, Vilacalva, Vilar, O Candao, A Carballeira, A Lameira. 
Información turistica:

É a parroquia situada máis ao norte do municipio e o punto do Concello máis baixo con respecto ao nivel do mar, 80 mts, que aquí queda marcado co Deza e mailo Ulla na súa confluencia. Representa o límite coa provincia da Coruña. 

Historicamente, no S. XVIII, constituía Xurisdición propia baixo a mesma denominación, integrando freguesías das beiras dos ríos como Dornelas, Lamela, Añobre, Bascuas e Gres.

Na arquitectura civil destaca a Casa de Paizás, solar fundado en 1717, e como atractivo especial a Torre de Cira, que, construída en 1115 polo conde Xoán Bermudo Suárez foille arrebatada pola raíña dona Urraca, quen en 1121 prendeu por sorpresa ao arcebispo Xelmírez que sufriu cárcere varios días dentro das súas paredes. Está declarada Ben de Interese Cultural.

No aspecto agrícola vén sendo denominada a "Horta de Trasdeza", con importante produción de produtos hortofrutícolas como a xudía, tomate, pemento e a mazá, que ocupa unha parte importante da superficie da parroquia. Tamén a flor, que se da durante todo o ano supón un sector puxante pola calidade do produto. 

Cira forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza, como Lugar de Importancia Comunitaria integrada e protexida pola Rede Natura 2000.

 
Festividades:

Patroa: Sta. Baia.10,11 e 12 de Decembro.

Virxe do Couto. 2ª fin de Semana de Setembro

San Xosé. 19 de Marzo

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer