App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 27/05/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 13
Máxima: 26
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Chapa
 
Chapa

Chapa

Lugares: Cornado, A Cruz, Chapa, Eirexe, Penido, A Chaira. 
Información turistica:

Situada nun lugar céntrico, a partir do ano 1836  foi capital da Xurisdición de Trasdeza, ata que por razóns de seguridade o alcalde solicitou o cambio de sede administrativa, cousa que foi concedida no ano 1853 en que pasa a situarse na parroquia de Silleda.

A súa importancia histórica reflíctese no Castro situado preto da igrexa, na ponte sobre o río Toxa, de orixe medieval. En ser Camiño Real e paso de peregrinos con Albergue-Hospital, dedicado á Nosa Sra. da Consolación, e ser asentamento dun dos castelos máis importantes dos Deza na comarca destruído no ano 1320. A igrexa foi construída no S. XVII e destaca a Capela de S. Brais do S.XVIII, coa coñecida e milagreira Virxe da Fonte.

Na arquitectura civil destaca a Casa de Colmeiro e falando deste apelido, lembrar que nesta parroquia naceu o noso pintor máis internacional , Manuel Colmeiro Guimaráns (1901-1999), quen despois das estadías en Bos Aires, París e Vigo, fixou definitivamente a residencia na súa casa de Costela.(Margaride).

Por esta parroquia pasa hoxe o camiño a Santiago, a Vía da Prata.

 
Festividades:

Patrón: San Cibrao. Domingo antes do 16 de Setembro

A Candelaria. 2 de Febreiro

S. Brais: 3 de Febreiro

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer