App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 23/08/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 17
Máxima: 30
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
O Románico
""
 
Inicio -> O Románico -> San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil

Edificación protorrománica, con orixe entre os S. IX e X. Foi mosteiro habitado por unha comunidade de monxas bieitas, contemporáneo do de S. Lourenzo de Carboeiro. Esta antiga igrexa mosteiral, está formada por dúas capelas, unha románica e outra gótica que integran ámbolos dous estilos arquitectónicos e escultóricos.

A Románica é de pranta basilical de tres naves con tres tramos, o central dobre de ancho, separados mediante piares de sección rectangular. A cabeceira conta cunha soa capela rectangular.

A fachada principal, situada ao oeste, composta de dúas arquivoltas, gardapolvos de xadrezados e tímpano liso, destaca polos catro capiteis de boa talla, dous con adornos vexetais, un con dous leóns e o cuarto cun personaxe decapitado cun libro entre outros individuos de aparencia simiesca.

A capela g ótica, dedicada a Sta. Ana, que tamén se coñece como Capela Señorial dos Deza, alberga o sartego do Cabaleiro Diego Gómez de Deza, datado no ano 1341. Adosada á románica polo muro sur, ten unha soa nave. Presenta porta rectangular de xambas lisas con dintel pentagonal na que destaca o Agnus Dei cunha cruz flordelisada, entre o sol e a lúa e sobre de todo, unha imaxe da Virxe do Leite sentada nunha cadeira oxival trilobulada baixo dosel. Conserva uns interesantísimos canzorros de diversa tipoloxía, con ferraxes medievais rematados en bocas de serpes nas follas das portas.

San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil

San Pedro de Ansemil