App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro e o seu entorno contan cun roteiro de sendeirismo circular

O municipio de Silleda conta xa cun novo roteiro de sendeirismo nun dos lugares máis emblemáticos e visitados: o mosteiro de Carboeiro e o seu entorno. O percorrido circular, que vén de ser sinalizado pola Concellaría de Turismo, que dirixe Matías R. Da Torre, conta cun total de 1,9 kilómetros e unha dificultade media-baixa.

Parte da entrada do mosteiro e discorre polo entorno do edificio, incluído na Rede Natura 2000, con fermosas vistas aos cañóns do río Deza, e que inclúe diversas especies autóctonas de árbores.

Tampouco faltan elementos do patrimonio etnográfico coma o pombal, o muíño ou a Ponte do Demo.

Este roteiro, sinalizado nas últimas semanas polo xeógrafo do departamento municipal de Turismo, conxuga o patrimonio natural e cultural da zona. “Dende o departamento de Turismo continuaremos apostando pola sinalización de novos roteiros de sendeirismo a modo de recurso para dar a coñecer todo o potencial natural, paisaxístico e, coma neste caso patrimonial”, engade Matías R. Da Torre.

 

Publicado: 05/09/2012