Por lonxitude, o Ulla é o terceiro río galego despois do Miño e mailo Sil. Ata o esteiro na ría de Arousa convértese nun variado corredor natural que recibe as achegas dunha mesta rede fluvial de afluentes como o Sar, cantado por Rosalía de Castro, e o Deza. Precisamente nun dos tributarios deste último, localízase a Fervenza do río Toxa. Un fermoso traxecto a pé enlaza o cadoiro deste río, no lugar de Pazos, co Mosteiro de Carboeiro. A dureza da pedra que aflora neste sitio provoca unha das caídas de auga máis espectaculares de Galicia cunha orballeira decote no ambiente. Entre todo o verde, o musgo non engana. Se a auga é a vida, a fervenza representa no Toxa a alegría de vivir.
- Biodiversidade
- Sendeirismo
En canto á flora no Deza desenvólvese un bosque de ribeira moi diverso e ben conservado. Dominan os amieiros (alnus glutinosa), os salgueiros (salix atrocinerea) e os freixos de río (frexinus angustifolia) aos que se incorporan, entre outras especies, quercus robar e quercus pyrenaica, acivros (llex aquifolium) e sanguiños (carballeiras galaico-portuguesas (rhammus franguía).
En canto á fauna, dicir que ámbolos dous son cursos fluviais con importante población piscícola nos que ademais de especies relacionadas co esteiro, coma o salmón do atlántico (salmo salar) e a lamprea de mar (petromyzon marinus), tamén destacan a troita, os ciprínidos e a boga de río e o mexillón de río.
No treito do Deza que delimita Silleda, son interesantes para visitar a Área da Ponte medieval de Taboada, a través da Vía de Prata, a contorna do Mosteiro de Carboeiro, a Fervenza do Toxa e a desembocadura do río Deza no río Ulla na parroquia de Cira.
Perfectamente sinalizado existe para deleite do visitante o Sendeiro do Deza que une a Fervenza co Mosteiro de Carboeiro.