App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Sendeirismo
""
 
Inicio -> Sendeirismo -> rea recreativa das Pedrosas

rea recreativa das Pedrosas

Espazo de paseo e descanso na única carballeira de propiedade municipal, inaugurada no ano 2006, situada na mesma vila de Silleda e integrada por 264 árbores perfectamente aliñadas, entre as que destacan os carballos e en menor medida, os bidueiros. Espazo aberto, visitable todo o ano e gratuíto, ideal para pasear coa familia e cos animais. 

Conta cunha superficie de 20.430 metros cadrados, dos que 722 pertencen a vías peonís ou pequeno sendeiro circular. Un total de 670 metros cadrados están ocupados por espazos de xogo, distribuídos en lugares de esparexemento familiares, cun parque infantil, un parque biosaudable de dez elementos, de moito predicamento por persoas con problemas cardiovasculares e sometidas a dietas de adelgazamento, e unha cancha polideportiva para practicar baloncesto e fútbol sala.

Ademais dispón dunha fonte de pedra con auga potable e un circuíto circular para practicar footing e sendeirismo.

Dende o ano 2012 converteuse no escenario para a realización do Día da Música organizado pola Escola Municipal de Música de Silleda con asistencia de milleiros de persoas.

As Pedrosas

As Pedrosas

As Pedrosas

As Pedrosas

As Pedrosas

As Pedrosas