O sendeirismo é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños rurais para fomentar entre os practicantes o disfrute do deporte en sí, da cultura e como non podía ser menos, do medio ambiente.
O Concello de Silleda tén a gran sorte de contar cun medio natural impresionante, un patrimonio cargado de historia e arte sobre todo románica e barroca e un rosario de elementos etnográficos e culturais exemplares que só se podían ofrecer da maneira máis natural posible, a través do sendeirismo e do excursionismo.
A oferta é todo un luxo. Un sendeiro internacional de longo percorrido, declarado Ben de Interese Cultural, o Camiño do Sueste ou Mozárabe da Vía Da Prata. Dous sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo, a Senda do Deza, PR-G 18, e a Ruta da Auga, PR-G 124, e varias rutas dun altísimo interese cultural como a Ruta do Románico, a Senda da Saleta, o Castro de Toiriz, e a Copa de O Castro ou as excursións que nos poden achegar ás tres zonas que conforman a Rede Natura 2000. |
|