App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

Xornada micolóxica no Mosteiro de Carboeiro, A Fervenza do Toxa e a Mámoa da Chousa Nova

O ente de turismo comarcal "Ouro Verde" artellou unha xornada micolóxica para este vindeiro fin de semana día 1 de Decembro, para descubrirlle ao viaxeiro

non somentes a riqueza micolóxica das fragas do noso concello senón tamén dar a oportunidade de coñecer monumentos tan emblemáticos coma o Mosteiro de 

Carboeiro, o monumento máis representativo do románico oxival en todo o Estado español, a Fervenza do Toxa, a de meirande altura do país ou a Mámoa da Chousa Nova,

a máis antiga de Galiza. 

 

 

A xeira do sábado 1 de Decembro artellarase do seguinte xeito:

 

.  10:00h. Curso teórico de inciación á micoloxía na Casa da Cultura de Silleda. Poñente: Mercedes Nodar, presidenta de "A Estrada Micolóxica".

.  11:30h. a 14:00h. Saída micolóxica guiada polo entorno das Fervenzas do río Toxa e a Mámoa da Chousa Nova, nas parroquias de Pazos e Abades.

.  14:00h. a 15:00h. Picnic na área recreativa da Carixa (Vila de Cruces). 

.  15:00h. a 18:00h. Continuarase coa recolleita de cogumelos polos arredores do Mosteiro de Carboeiro e das parroquias de Martixe e Saídres. 

.  18:30h. a 20:00h. Chegada ao Hotel Nós (en Negreiros) onde clasificaremos as especies e elaborararemos un menú, alén de explicarmos todas as posibilidades

                     gastronómicas dos cogumelos. 

.  20:00h.           Degustación micolóxica segundo recolleita. 

 

 

 

 

Prezo: adultos 19€

Prezo: cativos menores de 14 anos 9€

 

**A degustación de cogumelos está incluída no prezo

 

 

Para obteren máis información: http://www.ouroverde.org/oferta_ampliada.php?id_o=9  

 

Publicado: 29/11/2012