Inicio -> Novas |
Remata o proceso de selección para a concesión dunha bolsa de colaboración coa Feuga para tarefas de información turística en Carboeiro
O o proceso de selección para a concesión dunha bolsa de colaboración coa Feuga para tarefas de información turística en Carboeiro rematou hoxe logo de que o tribunal cualificador emitise a súa valoración. O aspirante proposto para bolseiro é Alexandre Fernández Ramos, que acadou a maior puntuación cun total de 4,40 puntos. A resolución do tribunal cualificador pode consultarse xa na web municipal, coa puntuación acadada por cada aspirante. A Fundación Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) remitiu en días pasados ao Concello de Silleda un total de 25 currículums, 19 deles de persoas con titulación técnica (Formación Profesional) e outros 6 de diplomados/as en Turismo, cumprindo todos eles os requisitos esixidos na convocatoria da bolsa. Desas 25 persoas seleccionadas só acudiron á proba 11. Dende a Concellaría de Turismo, que dirixe Matías R. Da Torre, solicitouse o pasado mes de xaneiro a concesión do bolseiro/a a esta entidade, que promove a contratación de mozos/as recén licenciados que nunca antes tiveran traballado na súa especialidade. Publicado: 12/02/2013 |