App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro abrirá este inverno de martes a domingo

Silleda, 29 de setembro de 2014. O horario do mosteiro de Carboeiro cambiarase a partir de pasado mañá mércores, con novos axustes debido as condicións climatolóxicas e a falta de luz, principalmente nesta época do ano. Así, o mosteiro abrirá de martes a domingo en horario de 12.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 horas . Para as xornadas que coincidan en día festivo tamén se mantén o mesmo horario. Os luns estará pechado ao público.

Deste xeito, o horario de inverno amplíase respecto ao ano pasado por estas datas, xa que no último inverno só se abriu a partir de xoves.

 “Tendo en conta as condicións de luz, temperatura, e a reducción de visitas unha vez rematada a tempada estival, volvemos a contar con horario de inverno”, engade a concelleira de Turismo, Margarita Campos.

A día de hoxe o mosteiro segue atendido pola bolseira contratada a través da Fundación Empresa Galicia Universidade (Feuga).

Neste verán o mosteiro de Carboeiro batiu o récord de visitas dos últimos anos, con unha media diaria de 56 persoas. O pasado mes de agosto recibiu un total de 2.287 visitantes, unha cifra que supón un lixeiro incremento respecto a 2013, cando se rexitraron 2.156 entradas no mesmo mes.

Os datos da Concellería de Turismo revelan que, pese a contar con un horario máis reducido este ano, esta tempada estival foi, comparativamente cos dous últimos anos, a que rexistrou un maior volume de influencia, amosando a progresión de visitantes.

No presente ano, tal é como se vén reflexando no cómputo realizado polo servizo de guía, destaca o aumento de excursións organizadas.

 

 

Publicado: 03/10/2014