App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

A Bandeira celebra o sábado 22 de agosto a XLI Festa da Empanada, declarada de Interese Turístico dende 1999

Silleda, 19 de agosto de 2015. Mañá xoves arrancan na Bandeira as Festas de Verán 2015, coa celebración a partir das 22.00 horas na praza Camilo José Cela dunha nova edición do Bandeirock, que volta un ano máis como concerto solidario. Actuarán os grupos locais Samba da Bandeira Didjeridoo; Kona ke te fixo e Gipsy Cans, ademais de A Banda da Tasca, de Lalín e Kaxatazo, de A Gudiña. Pechará a noite o DJ Tita. Os alimentos non perecedeiros  que se recollan aportados polo público asistentes serán destinados ao programa municipal Silleda Solidaria.

Dende o Concello de Silleda agradécese á organización e aos asistentes a súa colaboración co banco de alimentos.

Xa na xornada do venres, día en que o tramo da N-525 ao seu paso pola vila quedará pechada ao tráfico dende primeira hora da tarde (habilitándose un desvío) haberá xogos infantís a partir das 17.00 horas ao que seguirán nos establecementos hosteleiros a celebración da V Ruta da Empanadilla, amenizada pola charanga Chourizo Criollo, a partir das 19.00 horas.

Tamén na N-525 actuará o grupo Fortín da Pomba 20.00 horas e a continuación terá lugar a quinta edición do Torneo Interparroquial de Tiro á Corda (21.00 horas).

Xa a partir das 22.30, chega un dos clásicos da Bandeira: o Esmorga Folk, que celebra o venres o seu 27 aniversario coas actuacións de Habelas Hainas, Carapaus, Tiruleque e Cuchufellos.

O sábado 22 celébrase o día grande da Bandeiracoa empanada como protagonista.

Pola mañá haberá pasarrúas e concerto da Banda de Música de Veteranos da Bandeira e a partir das 18.00 horas comeza a XLI Festa da Empanada, declarada de Interés Turístico, con pregón de José Luis Prada, fundador de Prada a Tope. Ás 19.00 actuará o grupo local  Xirandola e ás 21.00 entrega de premios as pezas máis sabedeiras.  O acto estará presentado polo xornalista Martín Losón.

Ao igual que os anos anteriores o concurso celébrase en dúas categorías: Profesionais e Amas de Casa. Todos aqueles que desexen participar deben presentar as súas pezas entre as 16.00 e as 18.00 horas.

Logo de varios anos sen a tradicional subasta, por mor da crise, dende a Asociación de Amigos da Empanada, -que organiza o evento- decidiuse volver a contar este ano coa poxa, aínda que só se subastarán as dúas pezas gañadoras en cada unha das categorías (Profesionais e Amas de Casa).

Ademais dos tres galardóns habituais de cada apartado, tamén se concederán un premio á empanada máis orixinal e outro á que teña o sabor máis tradicional.

O xurado deste ano estará formado por coñecidos restauradores da comarca. Así encargaranse de xulgar as pezas presentadas ao concurso Natalia Guzmán, de O Refuxio, de Merza; Julio Mato del Río, do restaurante Casa de Xantar A Culler, de Silleda; Diego López, do resturante La Molinera de Lalín, e Enrique Iglesias Fernández, do Bar O Cruceiro, de Silleda.

Logo da cea das peñas, na que está prevista a participación de milleiros de persoas, haberá verbena na estrada nacional con Los Príncipes e América S.L

Xa na xornada do domingo, o programa ábrese co Open Internacional de Petanca dende primeira hora da mañá.

Haberá asarrúas e concerto coa Banda Recreativa e Cultural da Bandeira e Banda Municipal de Silleda. Ás 18.00 horas celébrase a IV Exhibición de Coches de Radio control , no circuito de A Moa, e ás 20.30 concerto coas citadas bandas.

 Pola noite verbena con Grupo Venus e Dúo Manhatan.

 

 

Publicado: 21/08/2015