App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

A II Romaría da Fervenza será o sábado 21 de Xullo en Escuadro


Os Grupos que participan este ano son :

-    Bico da Balouta, Agolada
-    O Arco de Merza
-    Lume na Lareira, A Estrada
-    Almuíña Pandereteiras, Escuadro
-    Pao de Buxo, Saídres
-    Pandereteiras de Curantes (A Estrada)
-    Camballeira, A Estrada
-    Ruadeiras de Loimil (A Estrada)
-    Gaiteiros da Pereiriña (Ansemil-Martixe)
-    O Son da Fervenza, Escuadro.

Desenvolvemento:

-    A partir das 12:00 h. da mañá, os Grupos participantes farán a súa presentación coa interpretación de tres pezas.
-    Pregón a cargo de D. Rafael Agulló Albors ( Director da Banda de Música Municipal da Silleda e Coro da Fervenza ).
-    Unha vez rematado o Pregón todos os Grupos interpretarán conxuntamente o Pasodobre de “ San Roque “.
-    A continuación comida campestre para todos os que queiran asistir. Haberá postos de bar, pulpeiros, rosquilleiras e artesáns.
-    Comida de confraternidade de tódolos Grupos.
-    A partir das catro da tarde actuación de todos os Grupos asistentes ( A duración será duns 45 minutos por grupo, aproximadamente ).
-    Cea de confraternidade.
-    Foliada para todos os que o desexen.
-    Haberá festa ata que o corpo aguante.
-    Haberá café gratuíto durante todo o día

Agradecementos:

-    Concellaría de Cultura e Turismo do Concello de Silleda
-    Aos músicos presentes na Romaría
-    Rafael Agulló Albors

Publicado: 19/07/2012