Aínda que pequena en extensión e poboación, Margaride dispón dunha serie de atractivos que convidan a facerlle unha visita. Por Margaride pasa o antigo Camiño Real, Vía da Prata, que aquí fai o punto quilométrico 38 ata o Obradoiro.
No fermoso lugar de Costela, nun conxunto de edificacións nobres, atópanse a casa de turismo rural Casa Méndez, a casa-torre do S. XV, único exemplar gótico de transición na arquitectura civil de Trasdeza e a casa e taller do pintor máis internacional con alma galega, Manuel Colmeiro (1901-1999), onde pasou grandes temporadas, considerado hoxe por algúns, como un pequeno "santuario da arte galega".
Nesta mesma casa naceu a súa filla Elena Colmeiro, galardonada dentro e fóra de España e que conseguiu elevar a cerámica á categoría de escultura.
No lugar de Costela está a Casa Méndez, de turismo rural.
|