App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Moalde
 
Moalde

Moalde

Lugares: Cabana, Caxamaría, Costela, Eirexe, Lis, A Meda, Outeiro, A Portela, Quinteiro, Rabo de Gato, Ribas, Xindiriz, San Xosé. 
Información turistica:

As mellores panorámicas do Concello divísanse desde esta parroquia. Dende o emblemático monte de S. Sebastián de Meda, a 750 metros de altura, gózanse os vales de Escuadro e da Ulla, e case que coa mesma claridade se poden observar o Pico Sacro, marcando a dirección a Santiago, ou o monte Faro, ao nacente, que nos indica o límite da Comarca de Deza. Xusto neste Miradoiro da Rocha, que tamén así se chama, en dirección sur iníciase o espazo protexido das Brañas de Xestoso que rematan na Lagoa Sacra, xa  no concello da Estrada.

Nesta zona de monte criábanse cabalos salvaxes, aínda hoxe os podemos ver na parroquia de Xestoso para explotalos ben con destino á alimentación ben como animal de traballo.

A historia desta freguesía hai que situala nun castro existente preto do lugar da eirexe con máis de 2000 anos.

A igrexa parroquial, do 1829, chama atención pola esbelta fachada de grande porte, neoclásica, e a torre-campanario de máis de vinte metros de altura. Preto dela e da zona de esparcemento, resaltar un dos máis antigos cruceiros do concello, do S.XVII e seguindo a estrada cara a Escuadro, a capela de San Xosé.

Como personaxe sobranceiro, nado na parroquia, nomear a Adrián Troitiño (1869-1941), destacado defensor da clase traballadora no Uruguai e fundador do Sindicato de Vendedores de Diarios e Revistas.

 
Festividades:

Patrón: San Mamede. Último domingo e luns de Agosto.

Festa de San Sebastián o 24 de Agosto.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer