A igrexa moderna construída no ano 1918 dedicada a S. Xiao para nada lembra á antiga igrexa local que figura nunha doazón feita no S. XII a Carboeiro.
Na arquitectura civil sobresae o vello Pazo de Carricoba co seu escudo, portalón grande, pombal e demáis elementos propios das casonas fidalgas. Este pazo figura sempre relacionado coa liñaxe dos Valenzuela no S. XVI. Co tempo pasou a mans dos fidalgos, os Mondragón, vidos de Viscaia, que no S. XVIII chegaron a marqueses, título que defitivamente pasou aos Armada, Marqués de Sta. Cruz de Rivadulla.
Na actualidade é unha fermosa e fértil parroquia dedicada fundamentalmente a gandaría e agricultura.
Organiza e celebra unha festa gastronómica de certa sona, a Festa da Carne ao Caldeiro, tan vencellada ás feiras tradicionais, emparentada co polbo e co consumo habitual dos arrieiros que ían a Castela.
Como de gastronomía se trata, tamén a Parrillada Fontes, próxima ao Camiño de Santiago,Vía da Prata, pode ofrece un bó menú con carnes e produtos da terra.
|