Con Laro e Parada forma o cono sur da xeografía de Trasdeza. Durante séculos exerceron sobre ela plena xurisdicción os frades do Mosteiro de Acibeiro que promoveron unha experiencia singular, realizando unha especie de reforma agraria entregando explotacións familiares aos colonos que as quixeron traballar. Esta acción fixo incrementar a poboación de cincuenta a trescentos habitantes en menos de cen anos. Noutros aspectos caben destacar, os vestixios prehistóricos das mámoas da Braña e Curros e a Eira dos Mouros en Tixoa. |