A fama desta parroquia traspasou os seus propios lindeiros a mediados do S.XX, cando a febre do estaño e do wolfram atraía a xentes que viñan na procura de riqueza e aventuras. Os tempos son outros, e os seus habitantes dedican na actualidade os seus xornais á agricultura e a explotacións intensivas gandeiras. Hai algunhas moi representativas do sector, os servicios e tamén da construción. Referencias históricas están no Monte da Mamoíña e tamén nas augas da fonte das Caldelas, sulfurosas, tépedas e de propiedades curativas. |