App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Silleda
 
Silleda

Silleda

Lugares: Casas do Monte, Costoia, Fonteboa, O Foxo, A Mera, Mourelos, Silleda, Toiriz, Toxa, Trasfontao, Outeiro. 
Información turistica:

En Silleda atópase a capital do Concello con 3.568 habitantes, o 35% da poboación total. (datos de 2010).

O seu desenvolvemento actual débeo fundamentalmente á Semana Verde que lle serviu de motor da agricultura e catalizador de investimentos con grande repercusión no sector da agroindustria e dos servizos, xa de carácter comercial, xa administrativos.

A Casa do Concello, Centro Comarcal Agrario, Centro de Saúde con Punto de Atención Continuada, Parque Comarcal de Bombeiros, Cuartel da Garda Civil, Instituto, Escola Municipal de Música, Biblioteca Municipal, Casa da Cultura e Casa da Xuventude, Parque Empresarial Área 33 e a Feira Internacional danlle á vila o carácter de centro articulador da vida socioeconómica do municipio.

Unha visita a Silleda, con inmellorables comunicacións, (Vía da Prata de peregrinos, Nacional 525 e Autoestrada AP 53 con peaxe), ofrecerá o encanto das rúas abertas e modernas, do trato afable dos seus veciños, con monumentos dedicados a persoas ilustres (D. Alfredo Ramos e D. Vidal Ferreiro), ou alegóricos, á Muller Labrega de Acuña e á emigración de García Blanco.

As prazas, xardíns, carballeiras centenarias e fontes para o lecer, con castros como o da Eira dos Mouros de Toiriz, O Pazo de  Trasfontao ou casas señoriais e fidalgas como a de Fuentes, de María Guntin, de Tábora ou o Lugar do Foxo de Deza son outros aspectos de interese. 

Dentro do apartado lúdico, A Festa do Lacón durante as Festas de Verán, o Festival de Bandas de Abril ou de Nadal e o Concerto de Corais "Tardes de Primavera", figuran entre as actividades para o descanso e disfrute.

Nesta parroquia naceron personaxes das ciencias como Xosé Maria Blanco Gerpe (1878-1957)  que desempeñou un importante labor como antropólogo nas Universidades de Bos Aires e Montevideo, e Xosé María Fernández Colmeiro (1894-1859) que dirixiu o Instituto de Canceroloxía  Curie, sendo laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de Medicina de París. Nas artes Marisa Soto (1955-1988) destaca como actriz de cine, televisión e sobre todo teatro. 

Xusto recoñecemento hai que facerlle a un feixe de artistas desta parroquia, presentes e firmes representantes do bo facer do Concello en artes tan diversas como a pintura, Marisa Miguélez, escultura, Fernando Rodríguez, cerámica e vidro, Toño González e coiro, José Villar. Nas súas obras vai impresa a alma de Trasdeza.

 
Festividades:

Sta. Olaia. 10 de Decembro.

Festas do Verán (Festa do Lacón): 2ª fin de semana do Mes de Santiago (Xullo).

Celebra a Virxe do Pilar. Outubro.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer