Da época castrexa destacan o Castro das Penas e os gravados rupestres de Primadorno, declarado Ben de Interese Cultural (10.03.1975).
No interior da igrexa parroquial, extraordinaria ábsida e dos mellores capiteis románicos de Galicia, coas súas figuras de importante relevancia na mitoloxía e escasas: sereas, arpías e centauros (Forma parte da Ruta do Románico).
Na súa contorna tamén hai que mencionar a Casa de Fares do S. XVI, vencellada aos Negreiros e Portela, con portalón brasonado de tipoloxía italiana e peza singular da armería do Deza e capela exenta. Merece a pena destacar tamén a impoñente sobreira.
De Breixa era nativo e está enterrado o fillo ilustre de Sillleda e coengo de Lugo D. Antonio García Conde, investigador e mestre de case tódolos curas do Concello. |