App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Carboeiro
 
Carboeiro

Carboeiro

Lugares: Carboeiriño, Carboeiro de Francia 
Información turistica:

En Carboeiro tan só nomear o monumento símbolo de toda a Comarca: o Mosteiro de Carboeiro, (monumento histórico artístico no ano 1931),  do que pola súa importancia xa se fala noutras páxinas desta web con máis detalle. Con todo, este conxunto cincundado polo río Deza, ten outras construcións que ben pagan a pena unha visita en  xornada completa. Así, a coñecida como Ponte do Demo que comunicaba, dentro da Xurisdicción de Carboeiro, o mosteiro coas frequesías da súa soberanía, Carbia, Fontao, Merza e Bodaño. Tamén e interesante o patrimonio etnográfico, restaurado do Pombal e o Muíño e a Pía de augas sulfurosas.

En canto ás festas e actividades culturais, reseñar as patronais na honra de S. Lourenzo o día 10 de Agosto, o festival folk e as exposicións permanentes que se organizan nas dependencias  monacais.

Por último, destacar a flora e fauna autóctonas da zona que forma parte do Sistema Fluvia Ulla-Deza como Lugar de Importancia Comunitaria dentro da Rede Natura 2000. 

A igrexa parroquial conserva unha notable colección de canzorros románicos e unha imaxe gótica da Virxe, de grande valor artístico.

 
Festividades:

Patrona: Santa María e San Roque. 15  e 16 de Agosto.

San Lourenzo. 10 de Agosto

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer