App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 23/08/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 17
Máxima: 30
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

Suspendido ata novo aviso o roteiro de Goza do Ulla entre Cira e Gres

Silleda, 21 de outubro de 2016.   Os Concellos de Silleda e de Vila de Cruces informan da decisión de suspender o roteiro previsto para este domingo, dentro do programa Goza do Ulla, entre as parroquias de Cira e Gres. Esta decisión, que se está a comunicar ás persoas inscritas, adoptouse á vista das previsións meteorolóxicas para pasado mañá domingo, con fortes choivas e mesmo tormentas.

Dende os departamentos de turismo dos dous Concellos advirtese ademais das dificultades para celebrar, nestas condicións adversas, un roteiro con preto de 200 persoas anotadas.

 

A organización pide disculpas e advirte que se informará no caso de que o roteiro –o último deste ano do programa Goza Ulla-se organice noutra data.

Publicado: 21/10/2016