App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 13/12/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 10
Máxima: 15
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Espazos naturais
""
 
Inicio -> Espazos naturais -> Sistema Fluvial Ulla-Deza

Sistema Fluvial Ulla-Deza

Por lonxitude, o Ulla é o terceiro río galego despois do Miño e mailo Sil. Ata o esteiro na ría de Arousa convértese nun variado corredor natural que recibe as achegas dunha mesta rede fluvial de afluentes como o Sar, cantado por Rosalía de Castro, e o Deza. Precisamente nun dos tributarios deste último,  localízase a Fervenza do río Toxa. Un fermoso traxecto a pé enlaza o cadoiro deste río, no lugar de Pazos, co Mosteiro de Carboeiro. A dureza da pedra que aflora neste sitio provoca unha das caídas de auga máis espectaculares de Galicia cunha orballeira decote no ambiente. Entre todo o verde, o musgo non engana. Se a auga é a vida, a fervenza representa no Toxa a alegría de vivir.

  • Biodiversidade
  • Sendeirismo

En canto á flora no Deza desenvólvese un bosque de ribeira moi diverso e ben conservado. Dominan os amieiros (alnus glutinosa), os salgueiros (salix atrocinerea) e os freixos de río (frexinus angustifolia) aos que se incorporan, entre outras especies, quercus robar e quercus pyrenaica, acivros (llex aquifolium) e sanguiños (carballeiras galaico-portuguesas (rhammus franguía).

En canto á fauna, dicir que ámbolos dous son cursos fluviais con importante población piscícola nos que ademais de especies relacionadas co esteiro, coma o salmón do atlántico (salmo salar) e a lamprea de mar (petromyzon marinus), tamén destacan a troita, os ciprínidos e a boga de río e o mexillón de río.

No treito do Deza que delimita Silleda, son interesantes para visitar a Área da Ponte medieval de Taboada, a través da Vía de Prata, a contorna do Mosteiro de Carboeiro, a Fervenza do Toxa e a desembocadura do río Deza no río Ulla na parroquia de Cira.

Perfectamente sinalizado existe para deleite do visitante o Sendeiro do Deza que une a Fervenza co Mosteiro de Carboeiro.

Ver mapa de recursos

 

Importancia:
Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)

Situación:
No Concello de Silleda este sistema identifícase de cheo con todo o percorrido do río Deza que vai de Sur a Norte do término municipal pola vertente leste facendo fronteira natural cos concellos de Lalín e Vila de Cruces ata a desembocadura no río Ulla, na parroquia de Cira.

Extensión
:
1.153 Ha.



Recomendacións

MATERIAL: calzado lixeiro de montaña, chubasqueiro en función da época do ano. Mapa da ruta, cantimplora, aconsellable máquina de fotos, roupa lixeira e cómoda.

Pódese realizar en sentido de ida e volta, pero é recomendable seguir o itinerario marcado para evitar a perda. Neste caso chamar aos teléfonos: 660 663 145 ou 660 664 809  (Protección Civil)