App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Historia
""
 
Inicio -> Historia

A Terra de Trasdeza

A Serra do Candán, os montes do Chamor, San Sebastián de Meda e os ríos Ulla e Deza definen os límites do Concello de Silleda, dentro da Comarca de Deza, na provincia de Pontevedra.

A súa superficie, 169 km2 repártese en trinta e tres parroquias, con advocacións moi diversas, aínda que merece a pena destacar a San Martiño, patrón de cinco parroquias, San Miguel e Santa María, con catro, e San Salvador con tres. Como dato curioso, cómpre sinalar que, aínda que pertencendo ao arciprestado de Trasdeza, á arquidiócese de Santiago, as parroquias de Cira e Dornelas pertencen ao bispado de Lugo.

A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da Xurisdición de Trasdeza, no século XVII, que pertencía á provincia de Santiago. Desta Xurisdición eran 25 das actuais freguesías. As demais formaban parte das Xurisdicións de Cira, Carboeiro e Camanzo. Polo contrario, a de Parada forma parte da Xurisdición de Deza e a de Refoxos do Couto de Acibeiro.

Nunha contestación á pregunta 3ª do Interrogatorio Xeneral do Catastro da Ensenada, os límites aparecen moi claros cando indica que “linda al L. con la jurisdicción de Tabeirós, al N. con el Coto de Carboeiro, y al S. con la jurisdicción de Montes”. Trasdeza foi ata entrado o S. XIX unha das demarcacións máis orientais da provincia de Santiago, limitando ao leste coa provincia de Lugo polo río Deza, onde comezaba a xurisdición do mesmo nome, e nestas terras se separaban os termos do Arcebispado de Santiago e o Bispado de Lugo.

A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada, en Trasdeza, figura en documentos.

No século XVII (1645), aparece como denominación eclesiástica o arciprestado de Trasdeza, como dependente do arcediago de Deza, da diócese de Lugo.