App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 18/10/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 14
Máxima: 20
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Sendeirismo
""
 
Inicio -> Sendeirismo

Sendeirismo

O sendeirismo é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños rurais  para  fomentar entre os practicantes o disfrute do deporte en sí, da cultura e como non podía ser menos, do medio ambiente. 

O Concello de Silleda tén a gran sorte de contar cun medio natural impresionante, un patrimonio cargado de historia e arte sobre todo románica e barroca e un rosario de elementos etnográficos e culturais exemplares  que só se podían ofrecer da maneira máis natural posible, a través do sendeirismo e do excursionismo.

A oferta é todo un luxo. Un sendeiro  internacional de longo percorrido, declarado Ben de Interese Cultural, o Camiño do Sueste ou Mozárabe da Vía Da Prata. Dous sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo,  a Senda do Deza,  PR-G  18, e a Ruta da Auga, PR-G 124, e varias rutas dun altísimo interese cultural como a Ruta do Románico, a Senda da Saleta, o Castro de Toiriz, e a Copa de O Castro ou as excursións que nos poden achegar ás tres zonas que conforman a Rede Natura 2000.