App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Abades
 
Abades

Abades

Lugares: Abades, Bazar, Campomarzo, Covas, Reboreda, A Bouza. 
Información turistica:

Abades, denominada en época medieval  Santa María de Pedre, ten a fortuna de ser unha pequena parroquia cargada dun gran patrimonio histórico-artístico, cultural e mesmo paixasístico.

No primeiro aspecto, as recentes obras do Ave, fixeron descubrir ao público a Mámoa da Chouxa Nova I,  considerada a máis antiga de Galicia catalogada. Tamén é recoñecida polo seu Santuario da Nª Srª dos Desamparados,  na honra de quen Melchor Ricoi construíu un impresionante templo,no S. XVIII, coa torre máis alta da Comarca e a campá máis grande do Concello. Fronte a ela atópase a primitiva igrexa románica, dedicada a Santa María, moi sinxela de fábrica, pero con interesantes e curiosos canzorros e uns frescos no interior singulares. Forma parte da Ruta do Románico e está declarada Ben de Interese Cultural.

Na arquitectura civil, sobresae a Casa da Viña con escudo con armas dos Gil, Taboada, Luaces e león coroado dos Valenzuela e capela dedicada a San Antonio. Nesta casa naceu o escritor e político Ramón Valenzuela (1914-1980).

En Bazar, unha sinxela capela dedicada a San Queitán remata esta serie de arquitectura relixiosa de tanto interese.

 Un cruceiro ben traballado a carón dunha fonte milagreira vencellada ao ritual deste santuario e aodo Corpiño (Lalín) preside este conxunto monumental.

En Abades atópase a estación de ferrocarril de A Bandeira construída na primeira metade do século XX e inspirada nos modelos de arquitectura civil dos pazos galegos.

No aspecto cultural a gastronomía ten aquí un encontro especial coa Festa da Rosquilla que se celebra o Domingo de Pascua.

Para os afeccionados a micoloxía a zona de Campo Marzo sempre foi coto especial para as visitas de Outono.

Existe no lugar de Reboreda unha Granxa Escola e Albergue Turístico como centro educativo ambiental recoñecido pola Xunta.

 
Festividades:

Festa da Rosquilla. Domingo de Pascua

San Queitán (Caetano). Último domingo de Xullo

Santa María. 15 de Agosto

As Dores (Corpus), 3º domingo de Setembro

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer