App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 23/08/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 17
Máxima: 30
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Feiras
""
 
Inicio -> Feiras

Feiras

É ao longo do S. XVIII cando nacen e se estenden en Galicia os mercados semanais e as feiras mensuais, xa como remedio para que se poideran vender os produtos do traballo, xa para mercar os artículos necesarios para a casa.

Na  Xurisdicción de Trasdeza co camiño real a Santiago como determinante, e a existencia de camiños secundarios e cruces importantes de paso de arrieiros, danse as circunstancias favorables.

O Diccionario Geográfico de Madoz, do ano 1845 dicía que por esas datas “se celebran ferias en Bandeira, Camporrapado, Penadauga y Silleda, cuyas especulaciones consisten en ganado, géneros y frutos del país y de otros inmediatos.

Na Descrición Económica del Reino de Galicia elaborada por Lucas Labrada no ano 1804, xa se documenta que na Bandeira e en Silleda existían feiras mensuais de importancia comarcal cun día de celebración cadansúa que logo se ampliaron a dous por mes.

Algunhas, as menos afortunadas, como Camporrapado e Penadauga, desaparecen pola competitividade esixida. Outras manteñen o seu carácter de Feira Tradicional, elevando a importancia e a fama, para ser recoñecida a nivel rexional, caso da Bandeira  e outras como  a de Silleda, evolucionaron cara a fórmulas distintas, onde  non só se presentan novos produtos doutros países, senón  que tamén serven para presentar empresas, establecer mercados novos, con mostras, exposicións e congresos, acadando o carácter de Feira Internacional.