App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 24/09/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 14
Máxima: 23
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Escuadro
 
Escuadro

Escuadro

Lugares: Balántiga, Barreiro, Bustelo, Cascaxide, Cimadevila, Cumbraos, Escuadro, Férveda, Outeiro, Paredes, A Penadauga, Portovello, Rañadoiro, Sar, Senra, Sestelo, Soldecasa, A Somoza, Torrón. 
Información turistica:

É unha das parroquias máis extensas e a terceira máis poboada do municipio, que destaca polo seu volume de produción láctea e pola súa mecanización agraria. Historicamente, xa no S. XVIII, no lugar de Penadauga celebraba unha feira mensual onde o que destacaba era a venda de gando.

No aspecto artístico hai que subliñar: a igrexa, que conserva a súa primitiva fábrica románica da porta e tímpano (S. XII). Está integrada na Ruta do Románico. Santuario de Sta. Sabela con famosas romerías onde se curan as verrugas e outras doenzas, lugar de culto prehistórico, visita obrigada do ofrecido. O Pazo de Cascaxide, preto dun castro do mesmo nome, que foi casa dos Espinosa (S. XVII) e que forma un fermoso conxunto con torre, capela e cruceiro dos máis chamativos do Concello. Como patrimonio paixasístico paga a pena visitar o Salto de Férveda situado no lugar do mesmo nome e o Bosque de Cascaxide, declarado espazo protexido.

 
Festividades:

Patrón: San Salvador. 6 e 7 de Agosto.

San Marcos. 25 de Abril

Santa Sabela. 2 de Xullo e domingo seguinte.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer