App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Feiras
""
 
Inicio -> Feiras -> Central Agropecuaria de Galicia

Central Agropecuaria de Galicia

A Central Agropecuaria de Galicia, situada no recinto Feira Internacional de Galicia e xestionada pola Fundación Semana Verde, está conformada polas Mesas de Prezos e a Poxa de Gando Bovino, a única informatizada de España.

A Poxa da Central conta cun modelo de comercialización baseado no sistema de poxa pública que exclúe ao intermediario, o que garante a transparencia nas transaccións entre compradores e vendedores, evitando así o regateo e permitindo que ambas partes establezan as súas condicións económicas para que as transaccións se leven a cabo.

Este mercado de gando da Lonxa Agropecuaria de Galicia (nome orixinal da Central) xurdiu a mediados de 1981 para dar saída aos produtos agropecuarios, xa que era necesario estreitar os encontros entre oferta e demanda e, sobre todo, substituír os modos tradicionais de compra-venda por sistemas máis acordes cos novos rumbos do mercado. Así, decídese habilitar un edificio co fin de que vendedores e compradores puidesen realizar os seus tratos, aínda que será en 1994 cando inaugure o seu equipo de xestión informática.

Dende ese momento, co sistema implantado, cada comprador valora o animal que desexa adquirir e presenta a súa oferta, á que só terán acceso os traballadores da Central Agropecuaria de Galicia. Unha vez que se coñecen as ofertas por parte do persoal do mercado, informatízanse e dase a coñecer o prezo máis alto de cada animal a través dunha pantalla, permitindo ao vendedor decidir se acepta ou non o prezo. Un proceso con claras vantaxes tanto para o comprador como para o vendedor.
En canto ás Mesas de Prezos, a Central Agropecuaria acolle semanalmente as de porcino cebado, leitóns, ovos e galiñas de desvelle (todos os martes) e de conexo (todos os venres).

Estas Mesas de Prezos, sen presenza física de animais e que reúnen a produtores e industria de cada sector, constitúense como un foro de interlocución entre a oferta e a demanda dos produtos gandeiros para o establecemento de prezos de referencia que son empregados polos operadores para as súas transaccións semanais. Para iso, cada sector representado nas distintas mesas dispón dun Regulamento Específico de Funcionamento que permite, en caso de fortes discrepancias, o establecemento dun único prezo de referencia.

Central Agropecuaria de galicia

A Central Agropecuaria de Galicia forma parte da Asociación Española de Mercados de Ganado (ASEMGA), sendo o único integrante que non está dirixido por un Concello. Esta agrupación aglutina aos principais mercados gandeiros de España e é membro da Asociación Europea de Mercados de Bovino (AEMB), con sede en Bruxelas, na cal están integrados 356 mercados de nove países.

Por todo elo, as Mesas son un instrumento para a clarificación dos mercados de produtos gandeiros, permitindo ao produtor e gandeiro a comercialización, así como ás distintas Administracións alcanzar canles de información que redunden nunha comercialización máis xusta e transparente.
A Central Agropecuaria de Galicia é colaboradora da Consellería do Medio Rural, ao facilitarlle a esta os prezos fixados nas súas mesas, e tamén os establecidos na Poxa de Gando Bovino. É, ademais, membro da Asociación Española de Lonjas y Mercados de Origen (AELMO), á cal pertencen as lonxas estatais de maior relevancia.

Asociacións agropecuarias
Por outra parte, en relación co sector agropecuario, a Feira Internacional de Galicia alberga nas súas instalacións as sedes de diversas asociacións profesionais vinculadas con esta actividade, como as Asociaciones de Defensa Sanitaria de Porcino de Silleda y de Avicultura, Recría y Puesta de Galicia, Africor Pontevedra (Asociación Frisona para o control do rendemento), Fegapor (Federación Gallega de Porcino), Cunigalicia, Asociación de Queseros de Galicia ou o Consorcio Agroalimentario de Galicia.