App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Espazos naturais
""
 
Inicio -> Espazos naturais -> O Bosque de Cascaxide

O Bosque de Cascaxide

Historia do Bosque: A historia do bosque de Cascaxide está indudablemente ligada á do Pazo que ten a súa orixe no S.XVIII. Dende hai máis de tres séculos conseguiu sobrevivir practicamente no seu estado orixinal.

Nos comezos do ano 2008 o inicio de talas puxo en perigo a súa supervivencia afectando a exemplares centenarios e comezando así unha loita dos propietarios pola súa conservación. Existe un compromiso firme pola preservación do bosque no que se prevé a realización de actividades educativas, científicas e de uso lúdico perfectamente compatibles coa conservación ecolóxica e paisaxística da contorna. De momento, a loita levou á concesión dun réxime preventivo de protección por parte da Xunta de Galicia paralizando as talas, e a tramitación do bosque para que se declare “Espazo Natural de Interese Local”.

Como Chegar: Para acceder ao Bosque de Cascaxide, débese tomar a N-640 que vai dende o Concello de Silleda a Caldas de Reis. A 3 km aproximadamente, cóllese a desviación á esquerda no lugar de Senra en dirección a Escuadro. Nesa pista hai un acceso directo onde pón Cascaxide. Dende aquí hai que subir camiñando unha pequena rampla de 20 m, dende onde comeza o sendeiro principal.

Flora: No estrato arbóreo predominan os carballos, algúns deles centenarios, e os castiñeiros, que acadan grandes alturas e dan unha gran sigularidade ao bosque. Acompañan estas masas laurearos, vidueiros, avelairas, salgueiros de forma especial e acivos que se atopan con alturas de máis de 12 m.

Formando parte do soutobosque arbustivo atópanse outras especies coma o rusco, peral silvestre, arraclán e numerosas especies trepadoras coma a hedra, a rubia peregrina e a naiselva que nos dan idea da diversidade vexetal presente.

Fauna: A lonxevidade das árbores do bosque proporciona acubillo a un gran número de animais coma lobos e raposos, cos que conviven corzos, xabaríns e unha abundante comunidade de morcegos entre outros mamíferos.

Ademais, habitan no bosque un gran número de especies de aves, anfibios e réptiles coma o gavián, o azor, a pomba, lagartos, cobras, ras, etc.

Ver mapa de recursos

 

 

 

 

 

Nome: Bosque do Pazo de Cascaxide
Paraxe: Parroquia de San Salvador de Escuadro (Silleda)
Superficie: 7 ha.
Figura de Protección: Espazo Natural de Interese Local (en trámite)
Propiedade: Privada
Altitude: 493 m
Tipo de Bosque: Bosque mixto e madura, con carballos e castiñeiros como especies principais