Esta parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais, e da súa antigüidade dan boa conta O Castro do Marco e o de Cartimil, as mámoas de Montedas e Gandaracha e sobre todo os petróglifos da Peneda do Encanto coas lendas cargadas de fantasía, de galiñas e pitos de ouro. Pero a parroquia é coñecida internacionalmente por atoparse nela o Primeiro Santuario de España (1863) de advocación mariana na honra da Nosa Sra. Da Virxe da Saleta, que tódolos anos, cada 18 e 19 de setembro, convoca a milleiros de peregrinos.Ver Romaría da Saleta.
Na actualidade existe tamén un Centro Espiritual saletino rexentado por misioneiros da orde, para profundizar sobre o fenómeno mariano. Na contorna un camping, carballeiras centenarias e o Pazo de Sestelo dos Rivas do S. XVIII, que promoveron este santuario. Preto, en Penadagra, tamén merece unha visita a Sobreira de Siador de máis de 600 anos inscrita no catálogo de Árbores Singulares de Galicia no ano 2009. Completarían a visita o Cruceiro de Lázara no lugar de Siador e o Peto de Ánimas do Marco de 1868.
Outra festa con data fixa no calendario de festas do Concello é a Romaría do Rapaz, celebrada por primeira vez no 1989 e organizada por e para os nenos con actividades lúdico-didácticas.
Se isto fose pouco, hai trazada unha ruta de sendeirismo coñecida como Senda da Saleta. |