App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
O Románico
""
 
Inicio -> O Románico -> San Salvador de Escuadro

San Salvador de Escuadro

Inicialmente románica, conserva unha fermosa portada da primitiva fábrica do século XII, formada de dous pares de columnas que sosteñen as arquivoltas tóricas con bezantes e chambrana xadrezada. Tamén destacan os capiteis zoomorfos e vexetais que soportan un curioso tímpano bilobulado na sección recta.

No S. XVIII tivo que seren ampliada para acoller aos devotos de Sta. Isabel, celebrada e venerada sobre todo o día 2 de xullo por milleiros de romeiros.

Deste século chama a atención no templo a elegancia da súa torre, os ricos retablos barrocos e tres relevos de granito; e no seu exterior, o conxunto formado polo adro coa sobria escaleira de acceso, as casas que o enmarcan e o palco para a celebración das grandes ocasións.