A igrexa foi doada a Carboeiro no S. XII. Dunha gran fermosura, consta dunha soa nave e ábsida rectangular. Na fachada presenta fiestra e portada abocinada de arco semicircular, con dous pares de columnas de fustes monolíticos e capiteis vexetais. Arquivoltas semicirculares peraltadas con chambrana xadrezada.
O tímpano liso sobre mochetas zoomorfas. A ábsida apóiase sobre bóveda de canón e arco triunfal de medio punto, sobre columnas de capiteis con figuras zoomórficas e quiméricas. No muro do adro poden verse elementos decorativos desta igrexa románica e interesantes canzorros.