App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/10/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 14
Máxima: 20
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Sendeiro da Fervenza de Férveda
""
 
Inicio -> Sendeirismo -> Sendeiro da Fervenza de Férveda

Sendeiro da Fervenza de Férveda

Percorrido de tipo lineal, de ida e volta polo mesmo trazado que  se inicia no lugar de Escuadro no coñecido como Muíño de Varela e remata ao pé da Fervenza de Férveda.

Características: 
Sendeiro de tipo lineal.
Salto de aproximadamente 15,70 metros de altura, máis outro pequeno que parte da poza ou mergulleira de 4,80 metros, situado no curso alto do río Férveda-Escuadro, afluente do Toxa, no lugar de Férveda, facendo linde coas parroquias de Escuadro e Xestoso. Forma parte do proxecto europeo Rede Natura 2000 denominado Brañas de Xestoso, como Lugar de Importancia Comunitaria. 

Flora:
Bosque de ribeira con árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, amieiros, bidueiros, salgueiros e freixos, acivros, loureiros, silvarveiras, fentos real e heterófilos.

Fauna:
Falcóns e os corvos. Lavandeiras, gorrións e anduriñas. Xabarín e rato silvestre. Troita común tramo alto. Libélulas.

Etnografía
- Lavadoiro comunitario do ano 1952
- Muíños de Rodicio coñecidos como: De Herdeiros, de Bataneiro, de Outeiro, das Carballeiras, da Regueira e de Varela. 

 

 

Puntos Inicio e fin: 
- Inicio:  Muíño de Varela
- Fin:  Fervenza de Férveda

Lonxitude do trazado: 2,7 km.
Duración de ida: 45 minutos.
Grao de Dificultade: Baixo, agás nos últimos 200 metros de ascenso ata a o pé da fervenza.

Como chegar
O sendeiro está situado na parroquia de Escuadro (Silleda). Accédese tanto desde a N. 525 en Silleda, como desde a N. 640 en Senra vía Cascaxide. Como referencia, o punto de encontro estaría situado na igrexa parroquial de S. Salvador, e dende alí ao coñecido coma o Muíño de Varela.Mapa Sendeiro de Ferveda

Recomendacións

Calzado e roupa cómoda, auga (non hai fontes), chuvasqueiro e protección solar dependendo do tempo

Pódese realizar en sentido de ida e volta, pero é recomendable seguir o itinerario marcado para evitar a perda. Neste caso chamar ao teléfono: 660.663 145 ou 660 664 809  (Protección Civil)