App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/10/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 14
Máxima: 20
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Sendeirismo
""
 
Inicio -> Sendeirismo -> Ruta Valenzuela

Ruta Valenzuela

Ramón Valenzuela Otero nace o 3 de outubro de 1914 na Casa da Viña, parroquia de Manduas no Concello de Silleda. De moi novo estuda en Compostela, logo pasaría por Pontevedra, onde acredita xa o seu talento artístico e compromiso social. Nos anos da República é estreito colaborador do Seminario de Estudos Galegos, e do Partido Galeguista, do que a partir de 1935 é o seu máximo dirixente na comarca do Deza. No verán de 1936 é levado preso, obrigándoo a formar parte do exercito sublevado, mais o 8 de decembro de 1937 fúgase para enrolarse no bando leal.

Acabada a guerra, intérnano no campo de concentración de Argelès en Francia. Recupera a liberdade e colabora co exército galo como oficial do Exercito Republicano Español. Tamén en Francia coñece á que será a súa inseparábel parella, Mariví Villaverde. Permanecerá co comezo da IIª Guerra Mundial na loita republicana contra o fascismo actuando para o Servizo de Información Periférica. É detido e conducido á prisión en Donostia, ao cárcere de Ávila, e condenado a vinte anos e un día.

Sae da cadea en 1944 baixo o réxime de liberdade atenuada e inhabilitado como docente. En 1949 concédeselle o indulto e exíliase en Bos Aires xunto coa súa familia. Alí é secretario de Castelao, divulga as letras, a dramaturxia e a cultura galega. Escribre a súa primeira novela, Non agardei por ninguén e a peza teatral As bágoas do demo.

En 1966 volta a exiliarse, esta vez en Madrid. Traballa como profesor e difusor da historia e a xeografía galegas, colabora coa universidade, escolma os relatos de O Naranxo…

No ano 1975 pronuncia na Uinversidade de Compostela, a polémica e persoal conferencia Historia do Galeguismo Político. Coa chamada transición, 1978, rehabilítano como mestre de EXB en Madrid. É candidato do Partido Comunista de Galicia nas primeiras eleccións ás Cortes do Estado,. En 1980 rematará a súa segunda novela, Era tempo de apandar, morrendo o 27 de outubro. Está soterrado no cemiterio de Adina en Portonovo (Sanxenxo).

" Xa descansado encamiñei ao coto solitario de San Queitán. No cume de San Queitán había unha hermida pequeniña que de lonxe non se vía, porque estaba rodeada de vellos carballos e altos castiñeiros que nunca se escotaran. Había dous mil anos que fora castro celta e tiña un só camiño
de acceso. Soamente o día do santo dicía alí misa o Crego de Abades."

"Espertamos cando xa ía alta a mañá. Ouvíase o esvarar barullento do río da Deza que daba a impresión de que o silencio fora mayor. Un silencio activo. O punto de partida do silencio. O tempo nunca estivera mais calado na carballeira de San Queitán. Os carros que asubiaban cos eixos polas congostras de Bazar, semellaban almas herexes camiño dun purgatorio aldeán. Os autos que de vez en cando subían a empinada costa de Sulago
eran escándalo adulterino e remachón daquela paz milenaria.

¿Qué eramos nosoutros, oito guerrilleiros, armados de pistolas e incluso dous fusís Mauser?

Eu quería que fósemos unha reencarnación de guerrilleiros celtas enriza daquel castro que os nosos antepasados abandonaran hai dous mil anos, e saberíame ben o comenzar a danzar, coma eles, unha danza circular en
salutación ao novo astro que xurdía polo teito de Carrio.

Andaran os tempos que transformaran as espadas en armas de fogo, pero no noso peito bulía o mesmo espírito de defensores da Terra que nos rodeaba e do curuto que tiñamos por Castelo.

Mais na capeliña antita estaba San Quietan no seu niño de Carrizo que nos sorría con cara coloradita e redondos ollos picareiros. El e mais a capela estaban alí dende había tres sécalos, ou quizás catro, e xa tiñan tomado posesión. Nosoutros eramos os intrusos perturbadores, e tan escandalosos como os motores que rascaban por enriza da costa de Sulago na paz cóncava do val de Merza".








Punto de saída:
Bascuas
Punto de chegada:
Pazo da Viña
Tempo:
3 h. Aprox.
Distancia a percorrer:
7 km.